Actividade de Billar

A partir do mes de novembro poñemos en marcha unha Escola de Billar en colaboración coa sección de billar da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos.

É unha das entidades mais antigas de España e ten a súa sede na rúa San Andrés número 36. A escola a faremos os xoves de 19,00 en adiante (así que se vas sair logo a dar unha volta xa estás no centro).

As primeiras semanas asistir será gratuito e logo se estás interesado podes continuar cun custo de 10 euros ao mes, cousa que poderás concretar directamente cos responsables da sección de billar.

Anímate e ven coñecer o billar!