Escape Room en Ferrol

Para o que queda de abril e en maio os propoñemos unha actividade de Escape Room no Campus de Ferrol.

Para todos os interesados. Seguindo coa actividade realizada no inicio do curso 2019-2020. 

Será unha actividade para as tardes dos xoves, dende o xoves 22 de abril ata o xoves 27 de maio, dando opción a xente interesada en anotarse no día que mellor veña.

Polo protocolo COVID as actividades neste Escape-Room están sendo só de 4 persoas e cun custo de 50 € por grupo. 

Nas instalacións de TheOrigin Escape.
(https://www.theoriginescape.com/)

Xogo: ANTIESCAPE - La Invasión con Sito Mola. 
Onde: Rúa María, 120, 15401 Ferrol,
Teléfono para concertar a reserva: 604025179

Os dous mellores grupos en resultado entre os participantes (sempre e cando na composición haxa polo menos 3 estudantes da UDC) recibirán 4 polos e 4 máscaras de Hercle. 

Deles o de mellor tempo recibirá ademais un trofeo da asociación.