Hoxe os nosos directivos Hugo López, presidente, e José Luis Baz, vogal, asistiron a unha xuntanza coa vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social para comentar algunhas actividades que a nosa asociación pretende facer no Campus neste 2021, algunhas xa antes do periodo de exames finais do presente curso.
Nestes momentos as actuacións están pendentes da resolución da Vicerreitoria de Estudantes, Participación e Empregabilidade.
A vicerreitora, Maria Jesús Movilla, animou á realización das mesmas e indicou algunhas alternativas, quedando pendente de seguintes xuntanzas e a preparación dun calendario, que prepararemos nestes días.
Por outra banda esta semana está prevista unha reunión dos representantes de estudantes nas xuntas de facultade e escolas do Campus, onde participarán alguns dos nosos directivos na súa faceta de membros de Alianza Universitaria, e na que tamén poderían xurdir novas actividades que complementen ás avanzadas por Hercle esta mañán.