XORNADA TACTICA DOMINGO 17 DE XUÑO

En que consiste a Xornada Táctica do domingo 17?

Será unha actividade conxunta entre a nosa entidade e INCUDE (incude.udc.es) coa idea de aproveitar o autobús.

Sairemos da Coruña as 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor.

A actividade desenvolverase na Pastoriza (Lugo)

Pola mañán recibiremos unhas clases prácticas de tiro con arco (olímpico e tradicional).

Teremos alí un xantar e logo pola tarde teremos unha partida de Paintball e despois unha mostra de xogos tradicionais.

(Pola súa banda os membros de INCUDE participarían se o desexan as clases de tiro con arco e xogo tradicional pero durante o paintball visitarían o Castro de Viladonga).

O prezo é de 30 euros (25 se estivestes nalgunha das actividades de Hercle no 2018).

INSCRIPCIONS PREMENDO AQUI