Xornada de escapismo

A Asociación Hercle convoca aos interesados a pasar a tarde do vindeiro domingo tratando de escapar dunha habitación a través dun xogo de pistas.

O xogo é por equipos.

Os interesados poden anotarse xa facendo equipo ou ben por libre para ser agrupados despois.

Xogarán todos os equipos o mesmo xogo facendo un ranking esegundo os os tempos que consigan.

Os equipos son dun máximo de seis persoas.

Tedes que ter en conta que ningunha persoa do equipo ten que ter xogado a The Rombo Code, pois non tería sentido que repetiran o xogo.

Día: 19 de febreiro de 2017
Horas posibles: 16,00 / 17,45 / 19,30 / 21,15

A cota de participación será de 60 euros por cada equipo (ata un máximo de 6 integrantes)

Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo da Asociación e os universitarios da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle.

Bótalle unha ollada a www.therombocode.es
C./ Galileo Galilei, 12
15008 A Coruña

Experimenta cos teus compañeiros unha experiencia única na que só traballando xuntos atoparedes a solución ao enigma e conseguiredes escapar da sala. Descubriredes que só en equipo chegaredes ao éxito.

A medida que os minutos van pasando, as virtudes de cada un irán xurdindo. Serás o lider? O creativo? Talvez o disciplinado? Quizá o conciliador?

Apuntate premendo aqui.

Xogo: O misterio de Don  Quixote

Todo o mundo coñece O Quixote, o que non é coñecido é que na súa primeira edición un capítulo foi extraviado. Por que desapareceu? Un dos nosos informadores proporcionounos a súa localización xusto antes de ser asasinado. Se queredes pertencer ao Código Rombo, tedes 60 minutos para resolver o misterio e escapar antes de ser descubertos.