Hercle é unha entidade sen fins lucrativos que pretende fomentar a cultura e o deporte.
O seu nacemento data do ano 1989 na cidade da Coruña, cando un conxunto de rapaces con certas inquedanzas deciden pórse de acordo para formar unha asociación que promova as súas iniciativas no terreo cultural e deportivo.
Pasados 25 anos da súa creación, os noutrora orixinais proxectos e as súas numerosas propostas son xa un recordo. Neste momento, Hercle renace para facer prosperar novas iniciativas tanto en diversas modalidades deportivas como do eido cultural.
Aproveitando o legado e experiencia que os fundadores deixan nesta entidade, unha nova xeración de estudantes da Universidade da Coruña pretenden dispoñer e dinamizar esta asociación.
A Asociación Hercle marcou na súa fundación como obxecto da mesma o de “proporcionar aos seus asociados distraccións culturais e deportivas”. Confírmase este obxectivo engadindo expresamente a prioridade das actuacións destinadas á comunidade universitaria coruñesa.
Serán prioridades da Asociación Hercle as seguintes:
Cultura: a protección do patrimonio histórico, cultural e medioambiental, a promoción dos coñecementos literarios e lingüísticos, a defensa do europeísmo e dos intercambios culturais e educativos internacionais.
Deportes: a promoción dos deportes minoritarios, como o béisbol e outras modalidades deportivas que teñan pouca difusión.
Xuventude: Enténdese que como entidade de carácter prioritariamente universitario a maioría das actividades da entidade estarán enfocadas aos menores de trinta anos, funcionando como entidade prestadora de servicios á xuventude.
Nova Xunta Directiva
Presidente: J. Alberto Ortega
Vicepresidente: Isidro Alfaro
Secretario: Luis Rodríguez
Tesoureiro: Dani Mayo
Vogal: Juan Suárez